Competencias básicas
Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidades e destrezas
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencias específicas
Competencia específica 1 (CE1)
Demostrar unha comprensión sistemática nalgunha das especialidades da biotecnoloxía: branca (ambiental), verde (agroalimentaria) e/ou vermella (biomédica/sanitaria), así como co dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coas devanditas especialidades.
Competencia específica 2 (CE2)
Concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
Competencia específica 3 (CE3)
Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento nalgunha das liñas de investigación en biotecnoloxía, desenvolvendo un corpus substancial do que, polo menos parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
Competencia específica 4 (CE4)
Ser capaz de divulgar a propia investigación en publicacións referenciadas a nivel nacional ou internacional.
Competencia específica 5 (CE5)
Demostrar capacidade para realizar e dirixir investigacións e desenvolvementos relacionados co sector biotecnolóxico.