Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Durante todos os anos do desenvolvemento do Programa ningún estudante necesitou complementos formativos.

No caso de que o alumnado proveña doutras titulacións non afíns á Biotecnoloxía e non cursase un mestrado relacionado coa temática da Biotecnoloxía ou no caso de que o alumno estea en posesión dun título oficial español de Graduado ou Graduada, cuxa duración, conforme as normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS, a admisión quedará condicionada á superación de complementos de formación específicos.

A CAPD poderá concretar para cada estudante ata 15 créditos ECTS de complementos de formación correspondentes a créditos do Máster en Biotecnoloxía Avanzada, ofertados pola UVIGO e a UDC.

A realización destes complementos será simultánea á matrícula en tutela académica no programa polo que o alumno deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Os aspirantes serán informados destes requisitos previamente á admisión. Estes complementos serán impartidos polo profesorado do Máster de Biotecnoloxía Avanzada no período marcado para ese efecto pola Comisión Académica do mestrado. Terán, a efectos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento.

Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos ordinarios de acceso ao Programa de doutoramento.