Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Actividade Duración Carácter Descrición
Seminarios de investigación
anual
10 horas Obrigatorio Os doutorandos a tempo completo deberán asistir a catro seminarios anuais a unha media de dúas horas e media cada un. Nesta actividade o estudantado adquire coñecemento doutros proxectos de investigación en desenvolvemento no grupo, e permite debater distintos temas que contribúen ao desenvolvemento das teses de doutoramento. Así mesmo, axudan a mellorar a súa capacidade de comunicación oral.
Lingua de impartición: inglés/castelán/galego.
Asistencia en congresos
2º e 3º ano
24 horas Obrigatorio En función do tema da tese e dos resultados obtidos, o director propoñerá a que congreso asistirá o estudantado. Fomentarase que asista polo menos a un congreso antes da defensa da tese de doutoramento, e se é posible de ámbito internacional. No caso do estudantado a tempo parcial esta actividade será de carácter optativo.
Lingua de impartición: inglés.
Redacción e publicación de artigos científicos
2º e 3º ano
90 horas Obrigatorio Nesta actividade o estudantado ten que interpretar os resultados obtidos na súa investigación, revisar a bibliografía, corrección do artigo, etc.
Lingua de impartición: inglés/castelán.
Asistencia a conferencias de investigación
anual
7,5 horas Obrigatorio Esta actividade permite ao estudante ampliar o seu coñecemento en diferentes campos científicos. As conferencias serán organizadas pola CAPD entre profesores do programa e especialistas invitados, terán calendarios establecidos que se darán a coñecer na páxina web do programa de doutoramento. Realizaranse en aula de videoconferencia para que o estudantado das dúas universidades poida asistir ás mesmas. Algunhas destas conferencias impartiranse en inglés. Cada estudante a tempo completo tería que asistir polo menos a dúas conferencias por ano, cunha media de dúas horas e media por conferencia. Os doutorandos a tempo parcial procurarase que poidan asistir polo menos a unha conferencia por ano.
Lingua de impartición: inglés/castelán/galego.
Asistencia a un curso sobre Patentes 4 horas Obrigatorio Esta actividade permite ao estudantado recoñecer a importancia da transferencia no sector tecnolóxico e protección do coñecemento xerado durante o desenvolvemento da tese de doutoramento. No curso trataranse distintos puntos que van desde a capacidade de desenvolver un proxecto de investigación, ata a etapa de obtención dunha patente. Preténdese mostrar ao estudantado como é posible consolidar a capacidade de crear, deseñar e aplicar solucións a un tema concreto xurdido durante a investigación coa utilidade práctica a nivel industrial dando paso á transferencia do coñecemento.
Estadías de investigación
2º e 3º ano
480 horas Optativo Promoverase e fomentará que o estudantado realice estadías de tres meses en centros de I+D, prioritariamente internacionais de prestixio. O director da tese, en función do desenvolvemento da mesma, planificará a duración, o período de realización e as actividades para realizar. Para o estudantado a tempo parcial contarase coa compatibilidade coa súa actividade laboral.
Lingua de impartición: inglés ou a do centro receptor.